ACCIDENTE AGRÍCOLA
Un vecino octogenario queda atrapado bajo su tractor en Celanova
Os “dulceiros”, os artesáns que traballan no sector dos doces, serán os protagonistas da nova edición da Romaría Etnográfica Raigameque o 17 de maio se celebrará en Vilanova dos Infantes. Onte dábase a coñecer a temática desta edición, na cal a organización convidará a participar a unha representación de artesáns que traballen a docería por tódalas comarcas co fin de ofrecer unha visión de conxunto da riqueza gastronómica existente en Ourense no sector dos doces.
Asemade, dende hoxe estará aberto o prazo de preisncrición para todas aquelas persoas que queiran participar coa demostración de antigos oficios, traballos artesáns ou outro tipo de actividades de venda de produtos tradicionais e gastronómicos na xornada festiva. Xa está na web de Raigame o formulario que deberá presentarse exclusivamente na sede electrónica do Concello de Celanova (http://celanova.sedelectronica.es/info). O prazo de inscrición estará aberto ata o día 17 de marzo e, do 18 ao 22 de marzo, a organización de Raigame procederá a selección de participantes, tendo en conta o postulado nas bases e criterios de selección.
Por outra banda, o Centro da Cultura Popular Xaquín Lorenzo Fernández da Deputación de Ourense e o Concello de Celanova convocarán unha nova edición dos certames de fotografía, microvideo e, o segundo, de engalanado de fachadas, corredores e galerías.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
A POR PLAY OFFS
El Antela, a seguir soñando ante el Villalonga
Miguel Anxo Bastos
La decepción de Trump
"RUTAS QUE REXENERAN"
Trevinca-Valdeorras da a conocer su patrimonio