A vixésima edición de Raigame contará con 107 expositores

Un cento de artesáns e gremios encherán de vida e ledicia este 17 de maio o burgo medieval de Vilanova dos Infantes con motivo da vixésima edición da romaría etnográfica Raigame

Un dos artesáns na pasada edición de Raigame.
Un dos artesáns na pasada edición de Raigame.

A menos de un mes da celebración, a organización daba a coñecer onte aos 107 postos participantes que abarcarán oficios tradicionais, artesanía en xeral e gastronomía. Nesta edición darase un protagonismo especial ó oficio dos canteiros, por facer posible Vilanova dos Infantes, o mosteiro de San Salvador ou a capela de San Miguel, que este ano conmemora o centenario da súa declaración como Monumento Histórico Nacional.

A falta de espazo deixou fóra a unha vintena de actividades. “Dende a organización pídeselles desculpas por non poder atender as súas demandas, agardando que en próximas edicións si que poidan entraren nos prazos anunciados e asistiren coa súa actividade a Vilanova dos Infantes”, subliñaban dende a romaría que está organizada e financiada polo Concello de Celanova e o Centro da Cultura Popular Xaquín Lorenzo (dependente da Deputación de Ourense) e conta cunha colaboración económica da Axencia de Turismo de Galicia, así como coa colaboración especial dos veciños e da parroquia de San Salvador de Vilanova, do Museo Etnográfico de Ribadavia e da coral De Ruada.

Ademáis da intensa representación expositiva, Raigame contará con actividades de música, danza e artes escénicas que convertirán a Vilanova na capital das Letras Galega. A programación inclúe concursos etnográficos e o servizo de autobuses históricos que unirán Celanova e Vilanova de 11,00 a 19,00 horas.

Contenido patrocinado

stats