SEGUNDO DE BACHILLERATO
Galería | Emoción en la graduación y despedida de los alumnos del IES Celanova
TRADICIÓN
Un total de 120 postos de oficios tradicionais, artesanía en xeral e gastronomía participarán na XXI Romaría Etnográfica Raigame que o vindeiro 17 de maio celebrarase en Vilanova dos Infantes. A páxina web da romaría publicaba onte as solicitudes que lograron un espazo, “lamentando profundamente” dende o Concello de Celanova e o Centro da Cultura Popular Xaquín Lorenzo, organismo dependente da Deputación, non poder darlle unha resposta afirmativa a tódalas solicitudes presentadas (150).
A romaría, que este ano fixará a súa mirada no oficio dos tradicionais “dulceiros” co fin de poñer o foco na actividade artesanal da docería na provincia, contará, coma en anteriores edicións, tódalas actividades de música, danza, representacións escénicas, e un servizo continuo de dous autobuses históricos, que entre ás 11,00 e as 19,00 horas comunicarán Vilanova dos Infantes con Celanova.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SEGUNDO DE BACHILLERATO
Galería | Emoción en la graduación y despedida de los alumnos del IES Celanova
ARTESANÍA E TRADICIÓN
Galería | Vilanova dos Infantes desfruta coa Raigame
"O TÍO MARCOS D'A PORTELA"
Raigame converte a Vilanova no gran escaparate da cultura
Lo último
INCAUTACIÓN DE LA UDEF
Hallan joyas y relojes en una caja fuerte del despacho de Zapatero en el caso Plus Ultra