Os empresarios de Verín sortean dez entradas para ver a Leo Bassi
MONÓLOGO DE HUMOR
Aever e o Concello de Verín colaboran nun sorteo de entradas para ver o novo espectáculo do cómico Leo Bassi
A Asociación de Empresarios de Verín (Aever) sortea, xunto co colectivo Ktorce e o Concello verinés, cinco entradas dobres para o monólogo “Yo, Mussolini” do cómico italiano Leo Bassi, que terá lugar o vindeiro 14 de decembro, ás 20,00 horas, no Auditorio Municipal.
Tódolos clientes que realicen unha compra nos establecementos asociados a Aever poderán entrar no sorteo de entradas para o espectáculo. Para participar, cómpre enviar unha foto do tique de compra ao correo aeverccu@gmail.com, indicando nome completo e teléfono. O sorteo celebrarase o 3 de decembro.
Ao longo dos 75 minutos da obra, escrita por Bassi, ofrécese unha sátira sobre o rexorder do fascismo e o populismo na sociedade actual. O “clown” internacional encarna ao dictador Benito Mussolini para expór as sombras das ideoloxías autoritarias a través do humor.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último