COLAPSO DE LA ESTRUCTURA
Arranca la limpieza del cauce del Támega en la “presa mai”
MONTERREI
Foi alá polos mediados do século dezanove cando a escopeta comezou a popularizarse na caza dos animais salvaxes, como podería ser a do lobo. Ata entón, e dende ben séculos atrás, os homes -na súa grande medida- buscaban alternativas inxeniosas e que, como é este caso, comportaban algún risco para a integridade física. Algunhas desas artes están dende hai uns días postas de novo en valor no Concello de Riós, que vén de completar a sinalización, restauración e limpeza do foxo dos lobos, na localidade de Pedroso, aínda que moi perto do término municipal de A Gudiña e da aldea desta última, Parada Seca.
David Pérez e Celso Hugo Barba foron os dous arquéologos que, cun investimento próximo ós 30.000 euros, foron quen de convertir a ise percorrido histórico noutro reclamo turístico máis do concello que preside Francisco Armando Veiga. Ó longo duns catro kilómetros sinalizáronse roteiros, ata chegar á propia construción do foxo, precedido dun par de paredes que formando a representación dunha unha uve converxen no oco ó que acababa caíndo o lobo logo de ser intimidado ata alí por centos de persoas que participaban nas diferentes batidas organizadas.
A remodelación dese conxunto arqueolóxico contemplou tamén a colocación de tres representativas esculturas obra do artista ourensán Toño Monteiro. Nelas queda reflectido o que acontecía na Idade Media, onde alá polo ano 900 xa aparecen documentadas unhas prácticas de caza que se estenderon ata cáseque o século vinte. Estas tiñan como finalidade levar ó animal ata o boqueiro do foxo, onde no peor dos casos lle agardaban unhas aguilladas cravadas no fondo que o esfolaban ata morrer.
Sen embargo, non eran os máis habituais, como explica o arqueólogo David Pérez: "Nin tan siquera chegaban a tirarlle pedras, que podía haber casos, porque aquí os monteiros preferían levalo vivo e exhibilo como se fose un trofeo. Non esquezamos que séculos atrás as aldeas estaban moi poboadas e no caso destas batidas era esixido que alomenos un membro de cada casa participase nelas, polo que se tornaban moi concorridas e logo festexadas cando se retornaba delas", di o arqueólogo.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
COLAPSO DE LA ESTRUCTURA
Arranca la limpieza del cauce del Támega en la “presa mai”
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Ourense brilló en MasterChef?
TRADICIONES RECUPERADAS
Penitentes y faroles, hitos de la Semana Santa en la comarca de Monterrei
Lo último
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
103-13: Un sonrojo galáctico
24 HORAS PARA ALQUILAR
El reto de alquilar un piso en Ourense: “Hay anuncios que no duran ni un día”
PRÓRROGA DE ALQUILER
Hasta 5.000 contratos de alquiler en vilo por la prórroga del Gobierno