Charangas e diversión en Vilaza na Carretada do Viño
FESTAS PATRONAIS
Vilaza (Monterrei) desfrutou este martes dun desfile moi orixinal no inicio das súas festas
O pobo de Vilaza viviu a primeira xornada das súas festas patronais coa XIII edición da súa xa tradicional Carretada do Viño polas rúas da localidade.
Ducias de peñas participantes fixeron tempo dende as 19,00 horas ata que unha hora máis tarde arrancou o tradicional desfile de carretas, unha sorte de transportes construídos polos peñistas nos que non faltaba a música, comida e bebida.
O punto de partida foi a Alameda de Vilaza, emprazamento das atraccións e dos postos de comida, que permanecerán durante estes catro días de festas patronais.
Grupos de veciños de tódalas idades e procedencias percorreron as adegas da vila acompañados pola charanga Fuego, ata que a medianoite comezou a verbena coa discomóbil A Gramola.
Este mércores haberá unha festa infantil, e a continuación a III gran cea popular, de novo na Alameda.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último
SUBESTACIÓN DEL BARBAÑA
Un elevado “peaje” eléctrico en la Alameda de Ourense
Rafael Torres
Por ser estudiante y mujer
PLAZAS PARA MAYORES
Toén y Ribadavia se adelantan dentro del Plan de Residencias