CULTURA PARA A IGUALDADE
Monicreques e cabaret infantil na comarca de Monterrei
RESPIRO FAMILIAR
O Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade promociona por sexto ano consecutivo o seu “respiro familiar”, un tipo de experiencia onde as nais e as súas crianzas comparten actividades ao aire libre, fomentando os vínculos familiares e ocio de calidade, e para a que ofrece dez bolsas.
O programa aposta por actividades para compartir xuntos, como sendeirismo, actividades acuáticas, xogos de equipo e talleres, así como oportunidades para socializar e compartir entre as familias participantes. O obxectivo é que as mulleres podan crear redes de apoio e compartir espazos seguros.
Unha parte importante é a equinoterapia, terapia asistida con cabalos, onde traballan o vínculo pero ademais se convida ás familias ao traballo en equipo, resolución de problemas, educación emocional, empatía e socialización. Outros obxectivos son pasar tempo ao aire libre e desconectar do móbil.
As nais empadroadas nos sete concellos da Mancomunidade poderán ofrecer a súa candidatura elas mesmas enchendo un formulario na web mancoverin.es ou nas redes sociais @mancoverincim.
Esta iniciativa conta co apoio dos Concellos, a Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e Fondos da Unión Europea.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA PARA A IGUALDADE
Monicreques e cabaret infantil na comarca de Monterrei
PRODUTOS GALEGOS
Aposta firme por viños de calidade
ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
Lo último
IA SIN CONTROL
Del “Círculo vicioso” de Asimov al ataque autónomo de OpenAI
Víctor González
MI PLAN PERFECTO
Cuento de verano
HEMEROTECA
Historia en 4 tiempos | Verano en Manzaneda