O CIM de Verín busca voluntarias para participar nun novo podcast
MULLERES NA RADIO
O CIM a Mancomunidade de Verín atópase á procura de voluntarias para o podcast de radio “Ondas Mur”, dando voz ás mulleres de contando coa súa participación
Con este obxectivo, o Centro de Información á Muller (CIM)vén de incorporar ao seu equipo a Soledad Figueroa, xornalista e locutora de radio para impulsar un podcast de radio temáticas de interese para tódalas mulleres.
O tema central será a corresponsabilidade, pero tamén se abordará a saúde mental, as dificultades para conciliar, os recursos que se precisan para poder criar, as libres decisións e outras inquedanzas.
A convocatoria está aberta ás mulleres que queiran probar no mundo da radio, ou que teñan interese en participar e aprender da experiencia. Para inscribirse, cómpre escribir a dinamizacioncim@gmail.com.
Inicialmente, os programas no proxecto do CIM, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta e o Plan Corresponsables do Ministerio de Igualdade, serán nos concellos de Castrelo do Val, Verín e Vilardevós.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
solicitudes de Vox e Iustitia Europea
El Supremo rechaza suspender el voto de los hijos de nacionalizados por la ley de nietos en las elecciones del 29-N