Colexios de Verín e Viana, unidos na axuda a Valencia
RECADACIÓN DE FONDOS
“Con V de Valencia” é o nome desta nova campaña de recollida de fondos en colexios de Verín e Viana para axudar aos afectados pola dina
Tres Colexios de Educación Infantil e Primaria (CEIP), os verineses Amaro Refojo e Princesa de España e máis o Bibei vianés, veñen de aliarse co obxectivo de recadar fondos para os damnificados pola dina que asolagou Valencia o pasado 29 de outubro, ao tempo que fomentan diversos valores entre o seu estudantado.
Baixo o lema “Con V de Valencia”, aproveitando que as dúas vilas implicadas (Verín e Viana) comparten inicial, estes centros unen as súas forzas cun mesmo fin solidario.
A campaña de recollida de fondos deseñada polos tres colexios permite axudar ao seu alumnado, profesorado e familias de tres xeitos distintos: facendo un ingreso nunha conta aberta a tal efecto, ingresando cartos nunha urna que se coloca no patio ao inicio e final de cada xornada, ou levando petos creados para a ocasión a casa e visitando a familiares e veciñanza para facelos partícipes da campaña. Todos os cartos recadados ingresaranse na conta oficial da Cruz Vermella.
Transmisión de valores
Fran Guede, profesor de Educación Física do Amara Refojo, apunta a que esta campaña vai máis alá da simple recadación de fondos: “A idea fundamental é recoller a maior cantidade de cartos posible para Valencia, si, pero tamén fomentar entre o noso alumnado valores tan fundamentais como a solidariedade, a bondade, o traballo en equipo, a xenerosidade, co fin de transmitirllas nesta sociedade cada vez máis deshumanizada”.
A Agrupación Deportiva Monterrei une aos colexios participantes, representados polos profesores Alba López e Yolanda Macías (CEIP Bibei), Carlos Crespo (CEIP Princesa de España), e Carlos Santamarina (CEIP Amaro Refojo).
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último