INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
O Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Monterrei vén de presentar o seu proxecto “Tempo para autocoidados” con actividades deportivas gratuítas para cativos e maiores. Un proxecto que, ano tras ano, realizan co obxectivo de fomentar o autocoidado entre os veciños da comarca.
Este ano, as actividades deportivas desenvolveranse durante o mes de maio e contará con catro talleres. Os cativos poderán somerxerse no ballet infantil, comezando as clases o 15 de maio ás 17,30 horas na sala Todo Fitness de Verín. Os máis pequenos da casa tamén poderán anotarse en baile urbano, que comezará tamén o día 15 ás 18,15 horas na mesma sala deportiva.
Para as mulleres, poderán elixir entre pilates e ximnasia restaurativa. O curso de pilates comezará o 16 de maio ás 12,00 horas no centro deportivo Higia, en Verín, mentres que a ximnasia restaurativa será no mesmo centro e iniciarase o 18 de maio ás 12,00 horas. Todos os talleres deportivos contarán con oito sesións gratuítas.
Os interesados en sumarse a “Tempo para autocoidados” deberán anotarse de forma presencial nas oficinas do CIM, de mércores a venres de 10,00 a 12,00 horas ou vía WhatsApp no teléfono 611 50 76 40.
Este proxecto, subvencionado polos sete concellos da Mancomunidade de Monterrei, realizase en colaboración cos centros deportivos Sala Todo Fitness e Centros Higia para animar ás mulleres e nenos a que traballen corpo e mente mediante actividades deportivas. Neste programa poden participar todas aquelas persoas que o desexen, usuarias ou non do Centro de Información á Muller, dos sete concellos que engloba a Mancomunidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
RECORRIDO POR BODEGAS
Expertos vitivinícolas europeos descubren el territorio de la D.O. Monterrei
VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
EVENTO VITIVINÍCOLA
La D.O. Monterrei muestra sus vinos y teje sinergias en Tenerife
Lo último
GRAVEDAD DE LAS LESIONES
Muere la mujer apuñalada en A Coruña por su compañero de piso, que también provocó un incendio