O comercio local de Verín mellorará a súa competitividade e dixitalización
Aever e Abanca firmaron un novo convenio de colaboración
A Asociación de Empresarios de Verín (Aever) e Abanca veñen de poñer en común un novo acordo de colaboración co obxectivo de seguir mellorando a competitividade dos negocios de proximidade a través do financiamento. Esta nova alianza pon o foco no acceso ao crédito en condicións vantaxosas, no impulso á dixitalización dos negocios e nas solucións que faciliten aos clientes o pago das súas compras.
Así o confirmaron Santos Álvarez, presidente de Aever, e María José López, directora de zona de Abanca en Ourense, coa firma do convenio nas oficinas de Aever. “Este novo acordo reforza o compromiso da entidade financeira coas empresas de Verín e, de xeito específico, permite que os adheridos á asociación poidan acceder a fórmulas de financiamento e solucións de dixitalización e de pago adaptadas”, anotaron os representantes das entidades.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
FERIA VITIVINÍCOLA DE REFERENCIA
20 bodegas de la D.O. Monterrei se mostrarán en Barcelona
Lo último
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, viernes, 6 de febrero?
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este viernes, 6 de febrero, en Ourense
SELECCIÓN MUSICAL
La playlist de... David Diz
MÚSICA EN VIVO
Rock + DJs + Tatoos ourensanos en Secret Bridge Tatoo