O Concello aprobou no pleno recuperar a Atalaia de Monterrei
PATRIMONIO
O Concello de Monterrei celebrou onte o súa sesión plenaria dos meses de xuño e xullo, cun único punto na orde do día, a cesión ao Concello da Atalaia de Monterrei por parte da empresa e fondo inmobiliario “Auri S.L.”
A Atalaia, situada a 550 metros do Castelo de Monterrei, é unha fortificación construida como torre de vixiancia no ano 1664 polos conflictos bélicos coa veciña Portugal. A mediados do século pasado derrubouse por descoñecemento o Forte de San Salvador, nunca rematado, e que a rodeaba.
Nos anos 60, a Atalaia pasou a mans privadas, e os actuais propietarios levaban un tempo buscando unha fórmula para que volvera a mans públicas.
A cesión foi aprobada cos votos favorables do grupo municipal popular, que goberna o Concello, e máis do único edil do BNG. Os tres concelleiros da outra forza na oposición, Veciños de Monterrei, preferiron absterse, á espera de ver o convenio de cesión e tomar una decisión definitiva.
Se ben o convenio aínda non está asinado nin definido, está previsto que derive nunha cesión por 50 anos. O obxectivo, non obstante, é que o Concello leve a cabo “o fomento de actividades histórico culturais, sociais, laborais, e en beneficio da comarca, da provincia e de Galicia”.
O alcalde, José Luis Suárez, considera que “é responsabilidade do Concello conservar o seu patrimonio. Estamos sentando as bases para que teña un desenvolvemento dende o cultural, ecónomico e social”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PATRIMONIO Y NATURALEZA
Pinchos, vino y deporte, las claves de la Revolta Irmandiña de Verín y Monterrei
EVENTO PARA PROFESIONALES
San Sebastián, un nuevo escaparate para mostrar los vinos de la D.O. Monterrei
REFUERZA SU PRESENCIA
Mallorca, nuevo escaparate para los vinos de 22 bodegas de la D.O. Monterrei
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
SUBSTITUYE A ENRIQUE ÁLVAREZ
La Alcaldía de Vilamartín ya la ocupa Sherezade Núñez
CRUCE DE DECLARACIONES
Giorgia Meloni lanza un mensaje a Donald Trump: “Ni yo ni Italia suplicamos jamás”