Conta atrás para que o Carqueixa Rock encha Laza de música folk
FESTIVAL MUSICAL
O IX Carqueixa Rock&Folk promete traer á aldea lazá de Souteliño o mellor folk nacional e internacional este vindeiro sábado
O Carqueixa Rock é un evento de balde que naceu no 2012 como un festival musical que reivindica a cultura fóra das grandes cidades, neste caso na aldea de Souteliño, en Laza.
Tras anunciar a participación da banda bretona Gwendal, dos verineses da Banda de Gaitas Nova Era, dos coruñeses Breo e do grupo de canción protesta Loita Amada, a Asociación Carqueixa de Souteliño vén de colocar o broche de ouro a esta novena edición coa confirmación dun concerto do grupo Luar na Lubre.
En Souteliño haberá zona de acampada, aparcadoiro e postos para cear. Dende a organización convidan a todos os que se acheguen a colaborar mercando unha camiseta, algo de beber ou comer, ou mesmo falando coas 30 residentes en Souteliño e que defenden un rural vivo.
Os concertos arrancarán ás 20,00 horas coa banda Nova Era. Posteriormente actuarán Breo ás 21,00 horas, Luar na Lubre ás 22,30 horas, seguidos por Gwendal, ás 00,30, e pecharán o festival Loita Amada, ás 02,00 horas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último
SUBESTACIÓN DEL BARBAÑA
Un elevado “peaje” eléctrico en la Alameda de Ourense
Rafael Torres
Por ser estudiante y mujer
PLAZAS PARA MAYORES
Toén y Ribadavia se adelantan dentro del Plan de Residencias