MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
ETIMOLOXÍA
Esta iniciativa de divulgación cultural, organizada pola Real Academia Galega (RAG) co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, quere achegar á veciñanza a historia que agochan os “microtopónimos”, que son os nomes particulares que reciben as leiras, fontes, camiños, devesas, lugares e ata pedras en Galicia.
A elección de Cualedro non é casual, xa que en só vinte anos este municipio perdeu un 30% dos seus veciños, e máis da metade dos cualedraos superan os 60 anos. De aí a importancia de acudir a lugares avellentados nos que a riqueza dos nomes dos nosos topónimos, moitos vencellados á oralidade, está en risco de desaparecer cos seus derradeiros habitantes.
O encargado de impartir a charla será Vicente Feijoo, natural do Riós e filólogo da RAG. Tamén é o coordinador técnico de “Galicia Nomeada”, o proxecto de recuperación da microtoponimia que conta dende o 2019 cunha plataforma online que lle permite á cidadanía colaborar na recolla e xeolocalización de todo tipo de microtopónimos da nosa xeografía, e que amosará e ensinará a usar na charla.
Feijoo leva “25 anos traballando coa toponimia galega”, e opina que é “unha mágoa” que non se lle dea a importancia que ten a recolla desta información “cultural que hai detrás dos nomes dos lugares, e que tanta información nos da sobre o que fomos e o que somos”.
O filológo ademais afirma que Galicia é un “caso único en Europa, pola cantidade e variedade da nosa toponimia”. Tamén afirma que a xente sae “sorprendida ” do que descubren e aprenden nas charlas, que asimesmo teñen por obxectivo que a xente se anime a subir á plataforma fotos e información sobre os topónimos da súa contorna. O experto da Real Academia recoñece que, polo de agora, “estamos moi contentos coa participación cidadá”.
Segundo a documentación histórica medieval á que tiveron acceso os profesionais da RAG, o topónimo Cualedro aparecía referenciado como “corleto” e “corledo”, o que en latín sería “corileto” ou “Corylus”, é dicir, “abeleiras”.
Porén, o significado da etimoloxía do nome “Cualedro” provén probablemente da presenza de abeleiras na zona onde se asenta esta localidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
FERIA VITIVINÍCOLA DE REFERENCIA
20 bodegas de la D.O. Monterrei se mostrarán en Barcelona
Lo último
ACCIDENTE LABORAL MORTAL
Muere un hombre por una posible intoxicación de monóxido de carbono al revisar un generador
DEFICIENCIAS EN LA SEGURIDAD
Primor cierra temporalmente en la rúa do Paseo en Ourense por incumplir la normativa de incendios
INVESTIGACIÓN JUVENIL
Vídeo | Cuatro adolescentes de Nigrán investigados por agredir y humillar a un menor