MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
REUNIÓN INSTITUCIONAL
Nesta "primeira toma de contacto” cos distintos puntos do territorio, a intención de Pardo foi a de “recoller as cuestións en marcha, demandas e proxectos dos alcaldes”.
En Monterrei, sede dun novo distrito forestal, a Xunta tamén está a construír unha pista de aterraxe, “chave na loita contra os incendios”, así como “diversos polígonos agroforestais” e tamén un “punto de encontro” en Verín.
Ana Villarino, alcaldesa de Oímbra, destaca desta “visita de cortesía institucional” que se puxeran “os proxectos que ten o noso Concello sobre a mesa: a construción de vivendas públicas, a ampliación da estrada Verín - Oímbra, o financiamento da dependencia e o proxecto pioneiro de recuperación de soutos de Videferre, entre outros”.
O alcalde do Concello de Monterrei e presidente da Mancomunidade, José Luis Suárez, subliña que a súa reunión con Pardo xirou en torno a tres temas fundamentais: “O servizo de axuda no fogar, cun incremento do custo que fai insuficiente a achega que da a Xunta, a renovación das redes de abastecemento obsoletas, a continuación da senda peonil en Albarellos, o arranxo da aula do CRA Monterrei e o proxecto do castelo”.
O delegado territorial, pola súa banda, afirma que “moi pronto” visitará o resto de concellos da comarca.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
FERIA VITIVINÍCOLA DE REFERENCIA
20 bodegas de la D.O. Monterrei se mostrarán en Barcelona
Lo último