A Deputación avanza na senda turística e termal de Monterrei

SEGUNDA FASE

A Deputación vén de aprobar unha expropiación forzosa para a execución da segunda fase dunha senda turística termal en Monterrei

Xunta de goberno da Deputación celebrada onte.
Xunta de goberno da Deputación celebrada onte.

A Deputación vén de mobilizar en xunta de goberno un total de 403.647,6 euros coa aprobación de 15 asuntos, 12 deles dedicados á cooperación con concellos, sumando un importe total de 363.647,6 euros. Ademais, se aprobou unha expropiación forzosa para a execución da segunda fase dunha senda turística termal en Monterrei.

O Concello do Carballiño obterá 50.000 euros para gastos de funcionamento do seu conservatorio; o de Monterrei recibirá 15.000 euros para a IV Festa da Vendima; o de Parada de Sil obterá dúas axudas: para o seu plan de sostibilidade turística (30.000 euros) e para o mantemento da Casa do Chocolate en Teimende (20.000 euros).

O GES de Pereiro de Aguiar disporá de 40.000 euros para os seus gastos de funcionamento, mentres que o Concello disporá de 6.000 euros para o funcionamento do campo de fútbol. Quintela de Leirado obterá 45.000 euros para os gastos de funcionamento da casa comunitaria e o de Ribadavia percibirá 4.000 euros para o mantemento do campo de fútbol. Para alumeado público con eficiencia enerxética, o Concello de Bande terá 7.647,60 euros.

Ademais, o Concello de Baños de Molgas recibirá 60.000 euros para acondicionar unha rúa en Piúca, o de Beade terá 30.000 euros para melloras no saneamento, e o de Cartelle recibirá 48.000 euros para reparar camiños. Por último, para reparar un camiño en Orega, Leiro disporá de 8.000 euros.

Colaboración con entidades

O ente provincia achega 40.000 euros ao festival Silfest Valdeorras 2025 e á World Series Copa del Mundo de Aventura.

Contenido patrocinado

stats