A DO Monterrei exemplificará a excelencia de Ourense no Salón Gourmets de Madrid

FEIRA INTERNACIONAL

A DO Monterrei participará por segundo ano seguido no 38º Salón Gourmets, unha feira internacional de produtos de calidade que se celebra no recintol ferial Ifema de Madrid

Expositor da D.O. Monterrei.
Expositor da D.O. Monterrei.

A Denominación de Orixe (DO) Monterrei participará, do 7 ao 10 de abril, na 38ª edición do Salón Gourmets, Feria Internacional de Alimentación y Bebidas de Calidad, en Ifema (Madrid).

O Consello Regulador acudirá por segundo ano consecutivo baixo o amparo da Deputación e o Inorde, co fin de promocionar Ourense como destino enogastronómico de calidad, potenciando os produtos agroalimentarios da provincia e facilitándolles novas canles de comercialización.

No espazo propio da DO, o posto expositor 6B30 do pavillón 6, daranse a coñecer os viños dun total de 16 adegas inscritas, así como o territorio vitivinícola e as súas características.

“En la última edición acudieron más de 106.000 profesionales, datos que con toda probabilidad se superarán en este 2025, ya que se trata de un evento que congregó a más de 1.900 expositores, consolidándolo como uno de los más exclusivos de Europa”, reconoce Manuel Vázquez, presidente do Consello Regulador. “Por este motivo, volvemos a apostar por estar presentes en esta feria, que permite reforzar la marca Monterrei además de dar a conocer los excelentes vinos que se elaboran en nuestro territorio”.

Os caldos da DO tamén estarán presentes nestas actividades: shoowcooking do Inorde e Cociña Ourense (7 de abril, ás 15,30 horas), “Parecidos razonables. Taller de diferenciación de especies” (7 de abril, ás 15,45 horas), Cata de vinos de la DO Monterrei (8 de abril, ás 12,00 horas), OR.PA.GU. (8 de abril, ás 13,30 horas) e “Cata Dálle pataca e bótalle grelos” (9 de abril, ás 16,45 horas).

Evento na Feira do Lázaro de Verín

O director técnico da DO, Miguel López, e a chef Begoña Vázquez desenvolverán esta fin de semana en Verín a actividade “Sabores con sostibilidade. Unha viaxe sensorial cos viños da DO Monterrei”.

Esta iniciativa terá lugar este sábado na Feira do Lázaro ás 12,45 e 19,00 horas, e o domingo ás 12,45 horas. Para inscribirse, cómpre escribir a blankylm@gmail ou no 988 414 776. As prazas son limitadas e custan 10 euros.

Contenido patrocinado

stats