A escola teatral Kotodama de Verín reabre este mes
ESPACIO CULTURAL EN VERÍN
O centro que dirixe Santi Cañaveral ten máis de cinco anos de traxectoria
A Escola de Teatro verinesa Kotodama abre de novo as súas portas este mes de setembro e por quinto ano consecutivo, tras iniciar a súa andaina cun obradoiro de tres días no ano 2019.
Dende aquel momento, a escola teatral vén contando co apoio do Concello de Verín, que lle cede un espazo no pavillón municipal para a celebración das súas clases.
Ao longo da súa traxectoria, sempre baixo a dirección de Santi Cañaveral, a escola mantén o seu firme compromiso coa formación teatral de calidade, ofrecendo unha oportunidade para que veciños de todas as idades poidan explorar o mundo da interpretación.
Cañaveral, cinéfilo dende o berce, estudou un ciclo de produción, pero posteriormente formouse como actor nunha escola profesional en Santiago de Compostela, alén doutros cursos relacionados coa interpretación teatral.
Frustrado ante a dificultade de atopar papeis de xeito regular no mundo actoral, viu un espazo na provincia e no seu Verín natal para dedicarse enteiramente á formación doutras persoas como actores e actrices afeccionados.
Para Cañaveral, o máis difícil sen dúbida foi “superar la pandemia, ya que tuvimos que trabajar con mascarillas y dividirnos en aún más grupos y, obviamente eso no es lo ideal”. O seu director presume dese xerme inicial que deu como resultado a primeira escola de teatro da provincia de Ourense.
Na actualidade contan con “aproximadamente unos 40 alumnos, desde niños y jóvenes, pasando por adultos”. Nas clases o obxectivo é o de “facer distintos espectáculos y shows cada trimestre, no solo obras de teatro como tal, sino también escenas en parejas ou tríos para que los participantes se vean más solos y puedan desarrollar sus propias historias”, puntualiza o director, que recala o “poder terapéutico” do teatro.
Cañaveral tamén anticipa que a principal novidade deste curso son as “clases abiertas en el Auditorio, así como una representación en el mismo cada tres meses”.
Kotodama ofrece clases divididas en infantil, adolescentes e adultos. Ademais, os grupos contan con horarios adaptados a diferentes niveis. Para obter máis información ou inscribirse, basta contactar ao 600 234 318.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
FERIA VITIVINÍCOLA DE REFERENCIA
20 bodegas de la D.O. Monterrei se mostrarán en Barcelona
Lo último