As Escolas Deportivas de Verín abren o prazo de inscrición: fútbol e fútbol sala
Deporte
O prazo para inscribirse prolóngase ata o 1 de setembro
A área de Deportes do Concello de Verín vén de informar que dende este luns se abre o prazo de inscrición para as disciplinas de Fútbol e Fútbol Sala impartidas nas Escolas Deportivas Municipais do Complexo Deportivo da Granxa.
Coa finalidade de garantir a seguridade dos deportistas, a concellería de Deportes de Verín conta cun estrito protocolo de seguridade, baseado no documento oficial da Federación Galega de Fútbol. Deste xeito, todas as actividades contarán con medidas preventivas fronte ao coronavirus ditadas en cada momento polas autoridades sanitarias.
O prazo de solicitudes estará aberto entre hoxe, 16 de agosto, e o 1 de setembro. A lista de admitidos confeccionarase por rigorosa orde de presentación das solicitudes. Para a presentación do servizo de cada unha das modalidades deportivas ofertadas será necesario que a porcentaxe de rexistrados na actividade consiga o mínimo pertinente considerado pola organización.
Todas as persoas interesadas en inscribirse nalgunha das disciplinas deberán enviar asinada a documentación que se atopa dispoñible na web oficial do Concello de Verín ao mail das escolas deportivas (efcverin@hotmail.com).
Dende o Consistorio informan de que no caso de non enviar algún dos documentos solicitados, o menor non poderá iniciar a actividade deportiva, polo que pregan que se revise toda a documentación.
Así, as Escolas Deportivas contan con sete categorías, distribuídas por idades: os Xuvenís (nenos nados no 2003, 2004 e 2005), Cadetes (2006 e 2007), Infantís (2008 e 2009), Alevíns (2010 e 2011), Benxamíns (2012 e 2013), Prebenxamíns (2014 e 2015) e Biberóns (2016 e 2017).
Para máis información, ademais de consultar a páxina web municipal, todos os interesados poden chamar ao teléfono 660 776 564.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DENOMINACIÓN DE ORIGEN
La vendimia en Monterrei se cierra con otro récord, 8,7 millones de kilos
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
Lo último
RECORD DESCARGAS ELÉCTRICAS
Este domingo cayeron en España más de 83.000 rayos
movilidad laboral
La sanidad privada redefine el mapa de la movilidad internacional