Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
Outro ano máis, o Concello de Oímbra decidiu non celebrar a Feira do Pemento como é habitual na carballeira do municipio. Desta vez, a alcaldesa Ana Villarino comunicou que "non vai ter lugar a Feira como tal, pero imos trasladala a todos os bares do concello".
O Goberno municipal decidiu celebrar a que sería a XIV Feira do Pemento dun xeito diferente, no que prime a saúde dos seus veciños e veciñas, debido á situación provocada polo coronavirus. Por iso, "subministrarémoslle pementos a todos os locais hostaleiros para que durante o sábado 31 de xullo e o domingo 1 de agosto os veciños poidan degustalos", destaca Villarino.
Os pementos serán gratuítos e a noticia foi ben acollida por todos os bares do concello, cun dobre obxectivo, potenciar o pemento de Oímbra e axudar á hostalería trala crise provocado pola pandemia neste sector.
Así, por segundo ano consecutivo, Oímbra non festexará a Feira do Pemento na carballeira, pero o que si que manterá será o concurso fotográfico que se presentou o pasado ano. Esta segunda edición volve ter ao pemento como protagonista.
Todo aquel que desexe participar deberá tomar unha fotografía a un plato de comida na que prime o pemento ou relacionada con edicións anteriores da feira, e publicar a imaxe nas redes sociais co hashtag #pementodeOímbra. A foto gañadora será a que reciba máis número de "me gusta", e o gañador levará un lote e produtos da horta de Oímbra e unha botella de viño -DO Monterrei- de cada bodega do municipio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
PATRIMONIO Y NATURALEZA
Pinchos, vino y deporte, las claves de la Revolta Irmandiña de Verín y Monterrei
Lo último
BIENESTAR LABORAL
Los agentes sociales se ponen al día con la gestión de bajas en Galicia
Terremoto venezuela
Venezuela registra 1.430 muertos a causa de los terremotos
NO SE CUMPLEN ACUERDOS
La huelga de Renfe cancela este lunes 320 trenes en España