LUCHA CONTRA INCENDIOS
La base de Verín-Oímbra cuenta con nuevo avión
La Federación de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro) presenta o proxecto SexEdúcate, unha nova iniciativa que busca educar á mocidade da provincia de Ourense nunha sexualidade consciente, libre e igualitaria. Este proxecto, que conta coa colaboración do Concello de Verín, enmárcase no compromiso continuo de Femuro coa promoción da igualdade e a loita contra a violencia de xénero.
“O proxecto naceu a partir da interacción directa que tivemos cos adolescentes en obradoiros de educación sexual realizados en centros educativos. Nestes encontros, puidemos observar que os mozos e mozas tiñan numerosas dúbidas neste ámbito e, moitas veces, carecían de fontes de información científicas e precisas”, sinalan dende a Federación. Ademais, Femuro identificou a influencia crecente da pornografía na vida desta xeración.
Co obxectivo de abordar estas necesidades, Femuro crea o espazo SexEdúcate, proporcionando un lugar seguro e anónimo onde os adolescentes poden formular as súas preguntas e inquedanzas, coa confianza de recibir respostas claras e obxectivas. Instalaranse caixas de correos en varios puntos, permitindo que os mozos presenten preguntas sobre temas como o coito, orientación sexual, feminismo, menstruación ou métodos anticonceptivos. A primeira das caixas localízase na Piscina Municipal de Verín e repartiranse máis en setembro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LUCHA CONTRA INCENDIOS
La base de Verín-Oímbra cuenta con nuevo avión
CULTURA PARA A IGUALDADE
Monicreques e cabaret infantil na comarca de Monterrei
PRODUTOS GALEGOS
Aposta firme por viños de calidade
ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
Lo último