O FIC Via XIV abre o prazo para recibir os filmes no mes de xuño
Monterrei
A direción do evento tamén confirmou que se manterán as datas da pasada edición
A organización do festival de curtametraxes de Verín, FIC Via XIV, xa está a traballar na vindeira edición, a que será a número tres de existencia. Comezan a coñecerse algunhas novas, como que será o vindeiro día 1 de xuño a data fixada para que os interesados en participar no concurso cinematográfico poidan enviar as súas primeiras obras.
A direción do evento tamén confirmou que se manterán as datas da pasada edición, os primeiros días do mes de decembro, coincidindo ca ponte do festivo da Constitución: "A convocatoria do pasado ano así o demostra, nesas datas a xente de Verín non viaxa e facilitamos que se achegue público de fóra da vila".
Tampouco mudará o esquema de contidos e premios reformulados con motivo da segunda das edicións, na que se creou un galardón á mellor curta do público, un específico para a mellor cinta do festival e un amplo programa de actividades paralelas relacionadas ca industria cinematográfica.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
SEGUNDA FEDERACIÓN
Buen punto del Ourense CF ante el Bergantiños (1-1)
PRESUPUESTO DE 400.000 EUROS
A Veiga mejora los servicios destinados a emprendedores
Román Pedreira Jordedo
DIARIO LEGAL
¿Puede un copropietario al 50 % solicitar el desahucio por impago pese a la oposición del otro?
DESFILE DE SAMAÍN
Galería | Ribadavia mete miedo con su Noite Meiga