RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
O Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) alcanza o seu ecuador nunha edición número 16 que fai unha aposta como nunca antes polos grupos emerxentes. O FITO acolle 16 propostas escénicas en ubicacións como o Teatro Principal, o Liceo, a Casa de Cultura Manuel María de Barbadás e diversas prazas da cidade. A actriz ourensá Fina Calleja, da compañía Sarabela Teatro, dirixe o festival. Precisamente hoxe ás 20,30 horas, en Barbadás, exhíbese unha das actividades paralelas do FITO: o certame 67 graos, que recoñece cinco propostas creativas para subvencionalas con 300 euros de axuda. Os gañadores son Susana Lourenzo, con “Obervarte”; Laura Alvarellos, con “Promesas”; Mikel Aristegui, con “Ouveo”; Ana Abad con “As mulleres que bailan na néboa” e Cristina Collazo con “Frida”. Os artistas ensinarán hoxe os seus traballos e optarán tamén ao premio do público, dotado con 600 euros. A entrada á Casa da Cultura de Barbadás é de balde.
Xa no ecuador do festival, este martes preséntase como un día importante polas bolsas de creación artística, unha das actividades paralelas que impulsan.
É a terceira edición das bolsas. O xurado escolleu os proxectos e xa teñen 300 euros para axudar á creación. Houbo moito interés, está pensado para novos creadores pero tamén se presentou xente coñecida.
O festival aposta especialmente este ano polos grupos emerxentes. Por que?
Decidimos combinar os grupos menos coñecidos en Ourense con outros consolidados. O sábado teremos a unha artista performática de Medellín en primicia.
Deciden tamén recuperar as prazas como centro de exhibición, aínda que a falta de colaboración municipal está detrás disto. Fixeron da falta da colaboración unha oportunidade?
O festival é un escaparate para presentar o que está fóra das programacións habituais de teatro e en Ourense con máis necesidade, posto que o espacio do Auditorio non programa. É unha situación que non só coloca ao festival nunha posición complicada, porque os artistas merecen poder exhibir en espacios dignos. Entón, tiñamos a intención de recuperar a rúa, pero realmente xúntanse a fame coas ganas de comer. Hai espectáculos que piden un escenario no Auditorio, pero levamos xa catro anos sen poder contar con ese espazo. O tremendo é que lle acontece a tódalas citas culturais que deixaron de programar no Auditorio.
Teñen unha tarefa complicada…
Temos a fortuna enorme que é o pulo que nos dan os espectadores. Imos atopando aliados como o Liceo e o Concello de Barbadás, pero non son condicións.
O festival amplíase fóra da cidade, pero ir a Barbadás tamén será por necesidade.
É a segunda vez que imos. Xurde desa vontade de expandir o festival a outras localidadas da provincia, pero tamén vén de impedir ese acceso na cidade.
Fóra si lle teñen cariño ao festival, non?
Si. É alucinante que no programa de 67 graos recibamos propostas de autores de toda Galicia, que nos preguntan, nos comentan… E que as compañías elixan o FITO para estrear fala moito da importancia estratéxica do festival nas artes escénicas de Galicia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
Lo último
INVERSIÓN EXTRANJERA
SAIC recibe su "primera autorización" para la instalación de su planta en Ferrol
ESTACIONES METEOROLÓGICAS
Ourense concentra las cinco temperaturas más bajas de Galicia: todas por debajo de cero grados