DENOMINACIÓN DE ORIGEN
La vendimia en Monterrei se cierra con otro récord, 8,7 millones de kilos
José María Lago, alcalde de A Gudiña, e Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, mantiveron unha reunión por videoconferencia este martes, na que se lle ofreceu á administración local a posibilidade de acollerse óPrograma de Cooperación cos concellos para levar a cabo actuacións de rehabilitación de inmobles e edificios, cos que obter vivenda pública ó servizo dos veciños.
Para avanzar neste obxectivo, a conselleira deMedio Ambiente explicoulle ó rexedor municipal as diferentes liñas de actuación do Instituto Galego de Vivenda e Solo -tanto no asesoramento técnico como no apoio económico-.
Ángeles Vázquez recordou que o Fondo de cooperación é un instrumento para apoiar ós municipios de menos de 50 mil habitantes. "Facilítase ás entidades locais o financiamento necesario para acometer proxectos mediante a concesión de préstamos sen xuros", engade a conselleira.
Ademáis, Vázquez recalcou que esta opción permite ó Concello programar e adaptar o orzamento necesario para executar estas actuacións á demanda de vivenda real e ás necesidades de A Gudiña, neste caso.
Ademais, José María Lago fíxolle saber a conselleira o seu interese por declarar en A Gudiña unha Reserva da Biosfera, algo que queda pendente de estudo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DENOMINACIÓN DE ORIGEN
La vendimia en Monterrei se cierra con otro récord, 8,7 millones de kilos
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
Lo último