A III romaría Ponte Farruca volveu reivindicar o rural dende Laza
FESTIVAL
A vila de Laza celebrou unha das súas grandes datas do verán cun feixe de actividades para todo o mundo
Malia a calor, a III edición da romaría Ponte Farruca foi “un éxito pola cantidade de xente que veu e a participación en tódalas actividades”, apuntan dende a organización. O evento contou ademais con influencers e diversos actores e actrices de Galicia.
O certo é que dende primeira hora da mañá non faltaron cousas que facer. Ademais da feira de artesanía e de material agrícola, tivo lugar a “tractorada engalanada”, un clásico do Farruca que triunfou unha vez máis. A cativada tamén tivo o seu momento co “Ponte Farruquiña”.
Tralo xantar, pola tarde volveron saír os tractores e a ruta de coches clásicos, pero ademais tiveron lugar algunhas das iniciativas máis comprometidas e interesantes, coma os “Farruca Dates”, a proxección de cinema rural, ou un obradoiro de baile.
Á noite foi o turno para a música, cunha foliada aberta que deu paso os concertos das Silveiras do Támega, Kuartetas, Bicoia, De Ninghures e o Mondra. Esta romaría popular tivo unha vez máis o fin de reivindicar a diversidade sexual e á muller no rural ourensán.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último
XESTIÓN DO TERRITORIO
A Casa Vella de Amiadoso, en Allariz, une cultura e ecoloxía para protexer o agro