ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
ENTREVISTA
Convertido nunha das voces máis interesantes do novo son galego, Mondra actúa este sábado noite a partir das 21:00 horas no III Ponte Farruca de Laza.
Con só 24 anos xa ten un álbum e mesmo xénero propio.
Todo está a ir moi rápido. Para min é a confirmación de que este é o lugar que quero ocupar e o sitio onde quero estar. Agardo que sexa o inicio dun camiño que dure moitos anos. O Berto (produtor do seu primeiro disco, ARDEN) e máis eu iniciamos esta andaina sen ningún prexuízo a nivel estilístico, cunhas melodías tradicionais e outras menos. Non é máis nada que o convivio de infinitos elementos que se xuntaron sen medo e que foron descubrindo novos camiños, nun proceso que durou máis dun ano. A xente estalle a chamar “trad”: eles son os que a escoitan e os que deciden. Pero eu non fusiono nada, só fago que convivan.
Que opina de que a xente nova se achegue á música tradicional grazas a Baiuca, as Tanxugueiras ou Rodrigo Cuevas?
Para min significa o mundo. Eu medrei coa pandeireta, pero tamén escoitando ás divas do pop americano. Ao final fago música para as miñas iguais, que medraron cos meus mesmos referentes. Que poidamos chegar a segmentos sociais e a xente nova que está tan desarraigada é moi especial, e fai que todo isto valga a pena.
Ten a cultura en galego máis futuro do que a lingua?
Dependendo do día penso distinto, pero prefiro ser optimista e confiar. Gústame verme nos ollos desas nenas que veñen aos concertos, e que xa escriben sen querer en galego porque “mola”. É consecuencia de ver a uns referentes enriba do escenario falando galego, e iso normaliza. Vexo que desaparece o prexuízo do galego, porque o que facemos é en galego pero tamén é “mainstream”. Chega ás masas, e a xente non deixa de vir malia ser en galego. Isto é dar 20 pasos para adiante no autoodio histórico que temos. Despois é certo que vas a un instituto e poste fronte a 400 rapaces que non teñen nin idea do que está a acontecer no seu país. Pero a cultura ten un poder transformador e pode facelo coa situación lingüística do país.
Seguirás “facendo do tradicional algo ‘mainstream’”?
As músicas de pandeireta veñen das aldeas e é complicado facelas chegar a certos status, pero é importante que todos vexan en elementos do noso algo máis que o cultural. Temos que facelo noso, que non estea metido nunha vitrina. A maneira tradicional galega de vivir ten cousas “chungas” (ri), pero tamén ten outras a nivel social que son moito máis interesantes que o que está a acontecer nas vilas e cidades.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
PATRIMONIO Y NATURALEZA
Pinchos, vino y deporte, las claves de la Revolta Irmandiña de Verín y Monterrei
EVENTO PARA PROFESIONALES
San Sebastián, un nuevo escaparate para mostrar los vinos de la D.O. Monterrei
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Sábado, 20 de junio
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Solo quedó el silencio
LUCHA POR RECONTRUIR
Barro en las calles de Viana, recuerdos bajo tierra y una normalidad aún lejana