A IV “Frasca do Terrón” xa ten agrupacións musicais
CASTRELO DO VAL
Os organizadores da 4º edición da romaría popular “Frasca do Terrón”, no concello de Castrelo do Val, veñen de confirmar os nomes das agrupacións musicais participantes
O vindeiro sábado, 1 de xuño, bandas de diversos puntos da provincia de Ourense daranse cita nesta “ruada, unha romaría coma as de antes”, segundo a define, Ramón López, de Candaira.
Deste xeito, este ano actuarán Nova Era (Verín), Asc. MMRR. O Cruceiro (Matamá), Kuartetas, Xunquereiteiras (Xunqueira de Espadañedo), As Xeitosiñas (Baltar), As Torgueiras (A Gudiña), As Macizas Centrais (Trives), Feitizo de Pau (Cea), Xúa da Aoft (Ourense) e Silveiras do Támega (Laza).
A todas estas agrupacións uniranse, por parte do Concello de Castrelo do Val, os alumnos da clase extraescolar de música do CEIP Raúl Fernández, os cativos e máis os adultos de iniciación da Escola de Música local, as “Pandereiteiras do Casteliño” e os grupos de pandereiteiros e de pandereiteiras da Asociación Cultural Candaira.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último
PIDEN FINANCIACIÓN ESTATAL
Galicia recibirá a ocho menores desde Ceuta esta semana y la Xunta avisa: "Estamos al límite"
CRISIS MIGRATORIA
La Eurocámara define como invasión la entrada en Ceuta