MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
ENTREVISTA
Edelmiro -máis coñecido por Mirito- Mateo presentará o 23 de novembro, ás 19,30 horas, na Casa da Cultura de Verín o seu novo libro: “A verea confusa”, ilustrado polo artista verinés Fernando Barreira. O autor da obra, que rexentou un bar, comezou a publicar todos os seus escritos almacenados ao longo dos anos. Agora xa pensa nas seguintes publicacións.
Que atopamos nesta nova obra?
É un dialogo entre eu e a miña sobriña María, pero pode ser o de calquera adulto con calquera neno, e doulle unha resposta dende a perspectiva infantil, pero tamén a racional, sobre os problemas que todo o mundo ten e os grandes problemas do mundo, como a fame, as guerras, a morte, o amor, as crenzas, a saúde… Esas preguntas que todo o mundo se fai, tes que aprendelas ti por experiencia. Eu explícolle usando a Montessori que dicía: ‘Sementa as ideas nos nenos aínda que non o entendan’”.
Como nace “A verea confusa”?
A historia naceu cando a miña sobriña María, con 6 aniños, me fixo unha pregunta desas que fan os nenos e eu non fun capaz de responder. Cando algo non es capaz de explicarllo a un neno ou un adulto é complicado, case que non exista. Entón comecei a facerme certas preguntas que a min na vida ninguén me respondeu, por exemplo o nacer, o vivir, vivir feliz, ninguén me ensinou a ser pai, a min ensináronme filosofía, música e matemáticas, pero o que é realmente na vida ninguén cho ensina.
A que se debe o título?
“A vida é un sendeiro novidoso e ao mesmo tempo confuso”, así o escribo no inicio do libro. Ti non sabes que vas a ter na outra verea, nese camiño. Esa é a orixe do libro. Este libro é un copiloto, é o camiño que che vai marcando a vida, a mesma que nos ensina en cada unha das etapas.
Non é o seu primeiro libro…
Exacto, o primeiro libro foi sobre o viño, logo “O Cancioneiro de Baronceli”, “O Instinto de Alazán”, “O Poeta esquecido”... Todos eles pasan antes de ser publicados polos meus cinco críticos persoais, os que me din se vale ou non, é moi importante para min saber a súa opinión. “A verea confusa” pasou a súa aprobación, estou entusiasmado por presentala e dala a coñecer, agora a obra ten que defenderse por si mesma.
Por que comezou agora a publicar o que ten escrito?
Estiven 32 anos traballando nun bar, e mentres, tamén me adicaba a escribir. Teño un montón de libros rematados. O primeiro libro que escribín é “Arroín”, que aínda está sen publicar, do que fixen unha cantata e fala de Verín. E agora que teño todo o tempo do mundo, comezo a publicar, o que quero é que quede o legado mentres fago o que me gusta.
Xa está pensando no seguinte?
Estou traballando no próximo, vai ser un conto educativo. O futuro vai ser seguir publicando, teño moito que dar a coñecer.
Que é para vostede a literatura?
Eu non podería vivir sen literatura. Levo toda a vida lendo, é unha paixón. Na vida soamente se aprende na universidade, lendo, viaxando e levando a contraria. Sempre se dixo que os libros son os mellores amigos, é certo. Nesta vida a que vimos a pasar unha temporada, a lectura é a cousa máis recomendable.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
FERIA VITIVINÍCOLA DE REFERENCIA
20 bodegas de la D.O. Monterrei se mostrarán en Barcelona
Lo último
ACCIDENTE LABORAL MORTAL
Muere un hombre por una posible intoxicación de monóxido de carbono al revisar un generador
DEFICIENCIAS EN LA SEGURIDAD
Primor cierra temporalmente en la rúa do Paseo en Ourense por incumplir la normativa de incendios