Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
OBRA DE CONSTRUCIÓN
O Concello de Monterrei acolleu onte o pleno correspondente aos meses de xuño e xullo, no que se aprobou cos votos do grupo do goberno o financiamento plurianual da obra de construción dun local social en Sandín, por un importe de 182.000 euros, con cargo ao Plan CoorperOU da Deputación nas anualidades 2025, 2026 e 2027.
O outro punto incluído na orde do día foi a ratificación do acordo para realizar unha auditoría municipal das redes de saneamento co fin de detectar infiltracións, aprobado cos votos favorables do PP e do BNG, e coa abstención de Veciños de Monterrei.
O plenario tamén aprobou por unanimidade unha moción que demanda a Renfe a restitución dos trens que deixarán de prestar servizo na estación do AVE da Gudiña-Porta de Galicia dende o vindeiro luns.
No turno de rogos e preguntas, o voceiro do BNG, Alberto Rodríguez, solicitou o arranxo da rúa central de Albarellos, así como o firme das rúas Igrexa e Concheira, “cheas de fochancas”, e pediu un aumento do tempo de traballo das brigadas de limpeza porque o Concello está “cheo de maleza”.
Pola súa banda, Veciños de Monterrei pediu contabilizar o aforro que supón a agrupación de contenedores. Ademais alertou de cortes de auga en Medeiros, “tres neste mes”, e sumouse á solicitude de limpeza en Vilaza, ademais de interesarse polo estado de diversas obras no concello e expoñer varias das demandas da veciñanza.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
PATRIMONIO Y NATURALEZA
Pinchos, vino y deporte, las claves de la Revolta Irmandiña de Verín y Monterrei
Lo último
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 27 de junio?
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE VERANO
La noche en que la luna salió tarde