ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
CASTRELO DO VAL
Ao igual que no resto de concellos polos que xa ten pasado, “Mirito” Mateo aproveitará o acto para ofrecer un concerto co seu acordeón, cunha selección de pezas actuais “pero tamén clásicas, e que tan pouco se relacionan co meu instrumento”.
O libro, que Mateo define como “un conto educativo”, está acompañado por ilustracións en acrílico da artista natural de Verín Olimpia Seoane. Se ben xa conta con varias novelas, o propio artista cre que “o conto é o xénero en que mellor me defendo”.
A historia deste novo libro trata sobre a castaña, “porque a súa historia descorre paralela á do home e á da vida humana, dende que é castaña ata que é castiñeiro, e volve ser castaña outra vez”. Malia a súa aparente profundidade, o conto “convida á reflexión sobre os ciclos de vida co protagonismo da árbore máis senlleira do mundo, cuxa alimentación é tamén vital para nós”.
O relato, en primeira persoa desde a perspectiva “dunha castaña que vai para castiñeiro”, tamén fala sobre “unha sociedade que xa non existe, en que todo o mundo se axudaba, as portas non tiñan pechadura e podías xantar e merendar en calquera casa. Entón chegaron os incendios, e a castaña abafa por esa modernidade non benvida”. n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
PATRIMONIO Y NATURALEZA
Pinchos, vino y deporte, las claves de la Revolta Irmandiña de Verín y Monterrei
EVENTO PARA PROFESIONALES
San Sebastián, un nuevo escaparate para mostrar los vinos de la D.O. Monterrei
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
DIÁLOGO ENTRE ADMINISTRACIÓN Y SINDICATOS
El plan de la Xunta para reducir las bajas laborales estará listo la primera quincena de julio
SIN CARNET, ITV NI SEGURO
Detienen a la conductora que se dio a la fuga tras arrastrar un agente en Verín