Novas liñas para o autobús entre Verín e A Gudiña enlazadas co tren

El trayecto contará con cinco viajes todos los días

Estación de autobuses de Verín. (Foto: C.C.).
Estación de autobuses de Verín. (Foto: C.C.).

A partir deste luns, os horarios dos autobuses entre Verín e A Gudiña estarán adaptados para facilitar cinco enlaces ao día cos servizos do tren a Madrid. Estas melloras súmanse ás activadas en decembro pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, que adaptou os horarios dos autobuses ás novas horas de paso dos trens por Ourense e pola estación da Gudiña.

Para iso, a Xunta de Galicia crea unha nova liña entre Verín e a estación de tren da Gudiña, que ofrecerá un servizo ao día. Ademais, engadirase unha expedición máis na liña que conecta Viana do Bolo e Verín, que conta con parada na citada terminal. Estes dous novos servizos, amplían de dous a cinco os enlaces diarios coordinados coas saídas e chegadas dos trens Alvia con orixe ou destino en Madrid, o que facilitará a intermodalidade dos pasaxeiros do tren.

Horario

Así, a nova liña de autobús entre Verín e A Gudiña ofrecerá servizo con saída ás 09,30 horas, chegando á estación ferroviaria 15 minutos antes da saída do tren cara a Madrid. Tamén garanten o enlace co seguinte tren, que realiza parada na Gudiña ás 13,43 horas, adiantando 30 minutos o servizo entre Verín e Viana do Bolo activo nesa franxa horaria. Para os pasaxeiros que saen de Verín e collen o último tren do día, ás 19,28 horas, os autobuses da Xunta xa ofrecen actualmente unha conexión cos horarios vixentes.

E para o traxecto de volta, en Verín haberá dous posibles enlaces, co tren que chega de Madrid á Gudiña ás 15,37 horas, que xa permite os horarios actuais, e co das 20,05 horas, para o que se crea unha nova expedición na liña que une Viana e Verín, que contará con hora de paso aproximada pola estación ás 20,27 horas.

Contenido patrocinado

stats