Un obradoiro preservará e elaborará capuchóns do entroido verinés
DISFRAZ TÍPICO
Dúas verinesa unen as súas forzas co obxectivo de preservar un traxe emblemático do entroido de Verín. o capuchón
A profesional do audiovisual Sabela Souto (@_sabelasouto) e a costureira Carme Gómez (@Carmecas) impulsan o Obradoiro do Capuchón, unha nova iniciativa coa que buscan preservar e pór en valor esta prenda típica do entroido verinés para que non desapareza, ao tempo que os participantes aprenden a elaborar o seu propio capuchón.
A diferencia do cigarrón, o capuchón é un disfraz “de rúa”, tal e como o define Souto, “que ten todo o mundo na casa e que tradicionalmente se fixo a base de retallos”. Consiste nunha capa “de corpo enteiro”, con dous petos que sirven para “gardar fariña”. Igual de importante é o anteface ou máscara, e que permite manter o anonimato vestindo o capuchón.
O obxectivo do obradoiro é crear un capuchón de comezo a fin ao longo de catro sesións, os días 25 e 26 de xaneiro, e 1 e 2 de febreiro, todos de 16,30 a 19,30 horas. Non é necesario ter experiencia previa, nin sequera saber coser.
20 prazas antes do 16 de xaneiro
En total hai 20 prazas, con un custo de 40 euros, teas aparte, e cómpre inscribirse antes do 16 de xaneiro, en Bazar Souto ou chamando ao 618 737 166. O Concello colabora cedendo o espazo no que se fará, na Casa da Xuventude.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ORGANIZA LAS ASIGNATURAS
El rués Isaac García Novoa crea una app para saber con qué nota aprobar
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
J. Santa Marina, tabaco, azucre e un tren
SEGUNDA FEDERACIÓN
Buen punto del Ourense CF ante el Bergantiños (1-1)
PRESUPUESTO DE 400.000 EUROS
A Veiga mejora los servicios destinados a emprendedores