MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
ENTREVISTA
Filósofa de formación, amais de museólogo, conservadora, restauradora, xornalista e escritora, Torrado Queiruga presenta o seu novo poemario, “Ouveos fractais”.
De tódalas súas profesións, que é o que máis a move?
Son todas e algunha máis, entre elas cidadá do mundo á que lle encanta viaxar e coñecer novas culturas. Só así se pode ententer tal interrelación que se dá sempre pola curiosidade.
Como ve a situación actual dos museos a nivel galego?
Deberían de ser menos endogámicos, debemos comezar a darlles alas para que medren e non sexan locais de simple acumulación. Debemos “forxar museos” que teñan todas as funcións que segundo a lei de patrimonio histórico español e a ley de patrimonio de Galiza lles presupoñen. Teñen que xerar riqueza a todos os niveis e para iso precisamos tamén a persoal competente ao mando dos mesmos, se castramos as súas funcións dende a política... fraco favor lle facemos á cultura.
Está ao día da situación cultural da cidade de Ourense?
É moi semellante á doutras cidades e vilas de Galiza. Mentres non valoremos á cultura en si mesma e pensemos que é un simple adorno do que botar man para adobiar cousas máis “serias”, estaremos relegando a súa dimensión e a todos os axentes culturais que interactúan. Adoita pensarse que quen nos dedicamos a este ámbito o facemos porque nos gusta, por caridade, por vocación, e que non debemos comer nin pagar facturas. Sempre ao servizo de outros poderes fácticos.
Cal é o estado da cultura galega no que vai de século?
A cultura en Galiza sempre foi moi vizosa, con moita calidade: na escrita, na música, na arte dramática, na pintura, na escultura. Sempre fomos potencia e seguimos a selo, pero estase a apostar por ela? Cada vez, culturalmente falando, estamos máis precarizadas. Temos unha televisión pública secuestrada, que antes apostaba pola dobraxe en galego, pola boa ficción en galego, por actrices e actores que eran impecables no seu traballo. As axudas no sector musical tamén se eslúen entre os dedos, a nivel editorial xa nada temos que dicir porque a deriva é moi evidente, cantas axudas ao libro galego se esvaeceron? A nivel pictórico ou escultórico ocorre o mesmo.
Esta obra está “dedicada a todas as mulleres sen voz e a todos os que ouvean canda elas”.
É colaborativa, ademais dos meus poemas conta con obra visual doutras artistas. Todas cederon a súas obras para que, xunto coa miña, fose un ouveo coral, feminino e feminista. Pero tamén solidario, porque o 10% de cada exemplar destínase á axencia das Nacións Unidas de axuda ás refuxiadas palestinas, non se pode consentir un xenocidio desta magnitude e seguir calada. Estes ouveos son tamén un paseo incómodo pola realidade de tantas de nós, antergas, actuais e futuras. Este poemario busca remexervos por dentro, facernos matinar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
FERIA VITIVINÍCOLA DE REFERENCIA
20 bodegas de la D.O. Monterrei se mostrarán en Barcelona
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
La creatividad y la política
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Febrero, el coreógrafo breve
Fermín Bocos
La insostenible posición de Óscar Puente
PRIMERA FEB
El COB se ahoga en Fuenlabrada (78-71)