RECORRIDO POR BODEGAS
Expertos vitivinícolas europeos descubren el territorio de la D.O. Monterrei
ROMARÍA
Esta iniciativa cultural combina concertos, teatro, talleres, baile e cinema, co fin de amosar todo o potencial do rural ourensán. O cabeza de cartel musical é Modra, moi achegado a Laza e á súa tradidición entroideira.
Outras confirmacións son os artistas De ninghures, Monoulious DOP e máis DJ Celulite para o peche da festa. A música tradicional tampouco faltará, e estará representada por grupos lazaos como As silveiras do Támega e Kuartetas.
Pero non só de música vive esta romaría. Durante todo o día volverá haber unha feira de artesanía e agrícola, ademais dunha mostra de coches clásicos. Non pode faltar tampouco o xa clásico percorrido polas rúas de Laza nunha tractorada engalanada, así como un obradoiro de baile e o cinema rural.
Outro dos eventos importantes será o Ponte Farruquiña, unha actividade teatralizada para nenos e familias, centrada na coeducación e na igualdade de xénero. E ata a súa propia versión das citas rápidas co Farruca Dates.
Outra das principais novidades é o lanzamento dun “crowdfunding”. Con este micromecenado ou financiación colectiva, calquera persoa poderá facer unha achega económica, desgravable na Renda, para colaborar coa celebración deste festival sen ánimo de lucro.
As aportacións, que parten dos 10 euros, van todas acompañadas de distintos agasallos, coma chapas, pulseiras ou bolsas de tela. Dependendo da cantidade que se done ao Ponte Farruca, unha das recompensas é ir montado en tractor durante a tractorada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RECORRIDO POR BODEGAS
Expertos vitivinícolas europeos descubren el territorio de la D.O. Monterrei
VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
EVENTO VITIVINÍCOLA
La D.O. Monterrei muestra sus vinos y teje sinergias en Tenerife
Lo último
CRISIS EN EL PSOE GALLEGO
Caballero e Inés Rey apuntan al liderazgo de Gómez Besteiro
guerra en ucrania
Finlandia advierte de que Rusia "seguirá siendo una amenaza" para Europa
CRISIS EN EL PSOE GALLEGO
Militantes de la ciudad de Lugo cargan contra Tomé y Besteiro