ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
MONTERREI
Un total de 48 alumnos e alumnas de sete colexios verineses resultaron finalistas do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez, e no de Relato Curto Antonio Fernández Pérez. Ambos eventos foron promovidos dende o Concello de Verín co obxectivo de conmemorar o Día das Letras Galegas, que este ano se lle adica ao escritor natural de Cotobade, Antonio Fraguas.
A capital comarcal celebrará o día do idioma galego cunha gala músico-literaria na que se recitarán as obras que resulten gañadoras dentro dos dous premios mencionados. A música do evento, que terá lugar este venres, a partir das 19,00 horas, no Auditorio Municipal do Centro das Artes Escénicas de Verín, correrá a cargo da Banda do Conservatorio.
No acto entregaranse premios de 90 euros para os primeiros clasificados; de 60, para os segundos e de 30, para os terceiros -todos financiados polo Concello de Verín-. A todos os finalistas faráselles entrega dun diploma e dun lote de libros.
Este miércoles, ás 19,30, haberá unha conferencia sobre Antonio Fraguas horas na Biblioteca Municipal.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
Lo último
VIRXE DA LUZ
Festa da Luz y Danza das Cocas en Santa Tecla
RESPONSABLE DE LA WEB DEL DSN
El Gobierno cesa a un cargo del Departamento de Seguridad Nacional tras publicar la cifra de entradas a Ceuta