ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
INVESTIGACIÓN
Alexandre Sotelino Losada, profesor do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade de Santiago de Compostela e membro do Grupo de Investigación Esculca, foi recoñecido co XIV Premio Alecrín na categoría de Investigación que concede a Federación de Entidades Galegas en Cataluña (Fegalcat), co apoio da Xunta.
O galardón recoñece a súa traxectoria académica e cultural no ámbito da educación intercultural, a migración e a identidade cultural. Sotelino Losada, con raíces familiares na Madalena, no concello de Monterrei, onde pasou boa parte da súa infancia e xuventude, é ademais director artístico do Festival Internacional Rebulir, en Ramirás.
O xurado destacou a súa ampla contribución á investigación sobre diversidade cultural e xustiza social. A súa obra científica inclúe estudos sobre o retorno migratorio, a memoria histórica da emigración galega, a relación entre cultura e pertenza e o papel da diáspora na conformación da identidade galega contemporánea.
“O premio foi inesperado e de agradecer, xa que o concede a emigración galega en Cataluña, onde está emigrada familia miña de Monterrei. E traballei na Universitat de Barcelona, polo que teño esa dobre ligazón”, afirma o profesor.
O acto de entrega dos Premios Alecrín, que dende 2010 recoñecen o labor de persoas e entidades comprometidas coa cultura, a lingua e a identidade galegas, terá lugar o 7 de agosto no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
Lo último
DEMOSTRACIONES DE COCINA Y CATAS
Diecinueve bodegas se preparan para la XIX Feira do Viño de Monterrei este fin de semana