Promoción, innovación e formación: piares para desenvolver o sector vitivinícola en Monterrei
D.O. MONTERREI
Deputados populares salientaron nunha visita á D.O. Monterrei o apoio da Xunta ás cinco referencias galegas do sector do viño
Juan Casares e Víctor Manuel Baladrón, deputados autonómicos do Partido Popular, visitaron en Verín a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe (D.O.) Monterrei, unha das catro das que presume Ourense.
Durante a visita, na que estiveron acompañados polo presidente, Manuel Vázquez; o xerente, Gonzalo Losada, e o director técnico, Miguel López, os populares salientaron a importancia das D.O. “pola calidade dos seus produtos, que poñen en valor o territorio e garanten o desenvolvemento das súas comarcas”.
Salientaron o compromiso da Xunta co desenvolvemento do sector vitivinícola a través da promoción, a formación e a innovación. Nese senso, entre 2026 e 2027 destinará un orzamento de 3,5 millóns para reforzar o posicionamento nos mercados dos cinco Consellos Reguladores galegos, e para que establezan novas relacións comerciais.
Demandas do sector
Os responsables da D.O. Monterrei aproveitaron para transmitir aos deputados ás súas demandas, encamiñadas a seguir mellorando a protección, promoción e calidade do sector.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último
REXENERACIÓN AMBIENTAL
Transición Ecolóxica avanza na reforestación do monte ardido en Monterrei
David Alvarado
Bruxelas non pecha as tendas de Ourense
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este jueves, 1 de octubre
MÁS DE 542.000
Las autorizaciones de arraigo aumentan un 54,7% en un año