A Feira do Lázaro de Verín ofrecerá catas con viños da D.O. Monterrei
COMENTADAS POR EXPERTOS
O Concello de Verín abre este sábado o prazo para inscribirse nas catas comentadas da Denominación de Orixe (D.O.) Monterrei, que terán lugar durante a Feira do Lázaro.
As catas celebrarase os días 21 e 22 de marzo no pavillón municipal de Verín, e permitirá aos asistentes descubrir a versatilidade dos viños da comarca maridados con produtos galegos.
A organización programou tres sesións que contarán cun máximo de 20 prazas cada unha, e terán un custo de 12 euros por persoa. As catas estarán impartidas polo director técnico da D.O. Monterrei, Miguel López, xunto co chef e xerente do restaurante O Segredo do Retiro, José Luis Prieto.
A primeira cita será o sábado 21 ás 12,15 horas, e centrarase nos viños brancos, mentres que ás 19,00 será o turno dunha cata dedicada aos tintos. A programación pechará o domingo 22 cunha sesión xeral ás 12,15 para aprender a combinar estes viños coa gastronomía autóctona. As tres catas terán unha duración de 45 minutos.
O obxectivo desta actividade é poñer en valor a gran calidade dos viños da zona e reforzar os vínculos do sector vitivinícola coa gastronomía no marco dunha das celebracións máis senlleiras e concorridas da localidade.
Inscricións
Os interesados nesta experiencia teñen ata o 18 de marzo para facer a súa inscrición presencialmente na oficina da Casa da Xuventude ou ben a través do teléfono e do correo facilitados pola organización.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁS DE 20 CALLES
Verín invertirá un millón en asfaltar sus vías principales
PREMIOS DE AEVER
Una nueva gala premiará la labor del comercio local de Verín
Lo último