RELEVO ASEGURADOA
O futuro da comarca de Monterrei desfila o seu enxeño
TRONCOSO
O municipio de O Riós acolleu durante a xornada de onte a inauguración do IV Foro da Castaña, que nesta edición céntrase na recuperación do solo tralos incendios forestais.
No acto de apertura, que marca o inicio dunha programación que se prolongará ao longo do día de hoxe, participaron a alcaldesa do municipio, Eva Barrio; o presidente do Inorde e deputado de Turismo, Rosendo Fernández, e a conselleira do Medio Rural, María José Gómez.
Rosendo Fernández destacou a “cooperación institucional” como “clave” para levar a cabo estas xornadas e definiu a provincia de Ourense como “gran produtora de castañas”, con Riós como zona “referente” do sector. Pola súa parte, Gómez apuntou na inauguración das xornadas o apoio da Xunta de Galicia ao sector, dende “axuda aos produtores” ata “promoción de produtos”. Finalmente, Eva Barrio subliñou a importancia de potenciar o sector da castaña, como “parte da nosa esencia e da nosa identidade, a herdanza dos nosos antepasados”.
Trala presentación oficial, abriuse o programa de relatorios cunha ponencia sobre a rexeneración do chan despois do lume impartida por Servando Álvarez, técnico do Inorde. A continuación, a doutora en Bioloxía Beatriz Míguez abordou a relevancia dos portaenxertos e da mellora xenética nas plantacións, mentres que o enxeñeiro de Montes Roque Rodríguez expuxo as últimas novidades nos tratamentos do castiñeiro e a súa relación coa prevención de incendios.
Xa durante a tarde, a madeira do castiñeiro e a diversificación das variedades foron a antesala dun showcooking con castañas a cargo de Begoña Vázquez. A programación concluía cunha análise dos técnicos de Seaga sobre un tratamento experimental contra o cancro do castiñeiro mediante empacado con terra forestal.
A programación continúa ao longo do día de hoxe cunha visita técnica a Troncoso (Portugal), na DOP Castaña dos Soutos da Lapa, para coñecer o proxecto “Life Fagesos” e o banco de xermoplasma de castiñeiro, unha plantación modelo con explicacións de xestión sostible e control de patóxenos e un souto da variedade autóctona “Martaínha”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RELEVO ASEGURADOA
O futuro da comarca de Monterrei desfila o seu enxeño
MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”
MEDIDAS DE EXCARCERLACIÓN
Venezuela libera a 379 presos políticos con la nueva ley de amnistía