DENOMINACIÓN DE ORIGEN
La vendimia en Monterrei se cierra con otro récord, 8,7 millones de kilos
REPORTAXE
Volta ao colexio. E en Monterrei, como non podía ser doutra forma, con algún detalle especial. Os Reis Magos fixeron parada en todas as aulas do Centro Rural Agrupado (CRA) de Monterreipara agasallar aos máis cativos. Os sorrisos, baixo a máscara, foron inmensos ao entrar pola porta e ver que Melchor, Gaspar e Baltasar se acordaron do seu centro.
“Todos os anos mantemos esta tradición, ademais, os Reis tamén deixaron unha carta que lles contou aos nosos pequenos que antes de rematar o Nadal pasaron polo noso centro”, explica Teresa Santamaría, a directora do CRA de Monterrei, quen este ano tamén levou unha sorpresa.
Na aula de Vilaza, ademais dos Reis Magos, tamén fixeron parada unha familia da zona e Lydia Cases, unha profesora que estivo de prácticas no centro o pasado curso. Eles quixeron ter un detalle co persoal docente e con todos os nenos que aprenden e se divirten neste centro. Os cativos de Vilaza recibiron un agasallo moi especial para eles: unha incubadora. “A familia, que foi a mesma que construíu o galiñeiro que temos, encargouse de facer a incubadora e Lydia de facer a pirografía”, explica a directora.
“Foi unha sorpresa moi especial, e máis vindo dunha familia que xa non están os seus nenos no cole, o que lles dá máis mérito, e de Lydia, que se fixo querer moito no seu paso por aquí”, afirma orgullosa Santamaría, quen mima e cuida ata o máis pequeno detalle do CRA Monterrei para que os seus alumnos obteñan coñecementos e, o máis importante, crezan en valores. Así, a volta ás aulas é moito máis apetecible.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DENOMINACIÓN DE ORIGEN
La vendimia en Monterrei se cierra con otro récord, 8,7 millones de kilos
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
Lo último
SEGUIR SUMANDO
El Ourense CF quiere más ante el Arosa
Jorge Vázquez
SENDA 0011
Lo que no se lanza
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, domingo 4 de octubre?