ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
Os veciños de Albarellos, no concello de Monterrei, volven a organizar actividades para celebrar o Samaín. Tanto cativos como adultos poderán desfrutar do sábado, 29 de outubro, con citas para todos os gustos.
Os máis pequenos poderán desfrutar dunha mañá lúdica na casa das mulleres rurais da aldea, en horario de 10,30 a 12,00 horas. Os participantes realizarán obradoiros de baleirado de cabazas, maquillaxe e xogos populares. Todo isto por un custe de 1 euro simbólico por cativo. Dende a organización recordan que “os menores de cinco anos deberán estar acompañados dun adulto e que todos os nenos deberán levar a súa cabaza da casa”. É necesario reservar praza no 649 74 81 27 antes do día 27.
Xa ao caer a noite, Albarellos vivirá “a noite do medo” con caracterizacións e ambientación para que os asistentes desfruten do Samaín guiados pola organización. A cita arrancará ás 20,30 horas na praza da localidade co “túnel do medo”. Para participar é necesario obter entradas, por un euro, ata o propio día da celebración. Os tíckets están á venda nos bares de Albarellos, na tenda Tirabeke de Verín, na Casa da Cultura e o mesmo día a partir das 20,00 horas na praza da aldea.
Ademais, a cita contará con servizo de bar e música a cargo de “Dj Vidal”. A organización está a ultimar todos os detalles para que “saia todo de medo e os participantes desfruten das actividades”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
PATRIMONIO Y NATURALEZA
Pinchos, vino y deporte, las claves de la Revolta Irmandiña de Verín y Monterrei
EVENTO PARA PROFESIONALES
San Sebastián, un nuevo escaparate para mostrar los vinos de la D.O. Monterrei
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
DIÁLOGO ENTRE ADMINISTRACIÓN Y SINDICATOS
El plan de la Xunta para reducir las bajas laborales estará listo la primera quincena de julio
SIN CARNET, ITV NI SEGURO
Detienen a la conductora que se dio a la fuga tras arrastrar un agente en Verín