Sandín acolle este sábado a máis de 300 mulleres rurais
DÍA DA MULLER RURAL
O lugar de Sandín, na parroquia de Flariz, en Monterrei, xa conta as horas para a celebración este sábado do “Día da Muller Rural”
A organización deste día, cunha serie de actos e actividades que encherán esta aldea con máis de 300 mulleres rurais de toda a provincia, corre a cargo da asociación de mulleres rurais local, “Fonte do Ouro”.
Fundada en 2017 pola súa presidenta, Sinda Rivero, conta na actualidade con 46 socias deste núcleo, pero tamén dalgúns limítrofes coma A Madanela, Flariz ou incluso da veciña Cualedro.
Dende Fonte do Ouro teñen actividades “todo o ano”, apunta a súa presidenta, con cursos “de todo tipo: ximnasia de mantemento, pilates, informática, obradoiros de costura, floristería… case tódolos días da semana”. Alén disto, a asociación tamén ten rehabilitado nestes anos outros equipamentos de Sandín, como o forno ou a fonte.
A Federación provincial de Mulleres Rurais (Femuro), con sede en Verín, celebra tódolos anos esta data nalgún dos pobos de Ourense cunha asociación de mulleres rurais.
Xa estaba previsto que Sandín fora a anfriona con anterioridade, pero coa pandemia e a celebración dos 25 anos de Femuro o ano pasado, non será ata mañá cando por fin aconteza.
Pandeiretada e documental
A xornada arrancará coa benvida da presidenta, unha visita guiada polo pobo e a recepción de autoridades. Ás 13,30 horas terá lugar unha pandeiretada rural feminista dos grupos das asociacións, seguida polo xantar, onde se proxectará o documental que vén elaborando Fonte do Ouro sobre Sandín e a asociación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DENOMINACIÓN DE ORIGEN
La vendimia en Monterrei se cierra con otro récord, 8,7 millones de kilos
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este martes, 6 de octubre
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
El interés general
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 6 de octubre