Troula Animación encherá de terror ás rúas de Verín
Monterrei
A concelleira de Cultura, Emilia Somoza, presentou os actos da quinta Noite de medo
O Concello de Verín prepara un completo programa de actividades para celebrar, o vindeiro 31 de outubro, o Samaín ou a tamén coñecida como Noite de Medo. Neste senso, non faltarán espectáculos polas principais rúas do municipio a partir das 23,00 horas, e obradoiros temáticos infantís. O obxectivo do goberno local será conmemorar ao grande esta quinta edición.
Para falar de todo o anterior, a concelleira de Educación, Cultura e Festexos de Verín, Emilia Somoza, compareceu en rolda de prensa e desgranou os actos previstos para dentro dunha semana na capital de Monterrei.
Nesta nova edición, o prato forte será a posta en escena do espectáculo "Errantes", que a popular compañía Troula Animación interpretará polas rúas de Verín a partir das 23,00 horas da noite. Trátase dun pasacalles que contará con instrumentos de percusión, zancudos, tragalumes e varios terroríficos personaxes caracterizados que realizarán danzas rituais con espectaculares efectos pirotécnicos durante todo o seu percorrido.
Pola súa banda, os máis pequenos tamén poderán gozar ao seu xeito do Samaín na Praza García Barbón. Será a partir dás 18,00 horas da tarde cando disfrutarán, segundo sinalou a edil verinesa, de "terroríficos" obradoiros temáticos.
Entre outras das moitas actividades previstas, os nenos aprenderán a facer chapas, realizarán actividades de globoflexia, de caracterización e maquillaxe especial para Samaín así como moitos outros xogos temáticos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CIENTOS DE VECINOS
Los mayores son protagonistas en Albarellos con su XIV Xuntanza
REFORESTACIÓN EN MONTERREI
Galería | Numerosos niños reforestan A Caridade tras los incendios del pasado agosto
Lo último
Julián Pardinas Sanz
Una “verdad” bajo sospecha
OBRAS E SALARIOS
Bande aproba un orzamento superior aos dous millóns
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Esencias
SIN PLAY OFF
El Barco y el Barbadás despiden la liga el domingo