LUCHA CONTRA INCENDIOS
La base de Verín-Oímbra cuenta con nuevo avión
PROVINCIA
Os traballadores do Concello de Verín están a piques de rematar a instalación dun dos lados do bulevar que recorrerá a avenida de Castela, cunha nova beirarrúa que xa case chega ao seu punto cume, o tramo da Cruz Vermella. Esta actuación está incluída na primeira fase do proxecto de remodelación deste acceso a Verín.
A nova zona de arborado conta cunha xardineira que recorre desde unha punta a outra da avenida, nunha estructura que contén novas árbores, regadío e o antigo alumeado reacondicionado.
O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, explicaba que "a remodelación integral do acceso da Estrada de Castela, ademáis de adecuar o devandito acceso ás necesidades de mobilidade da urbe e dos seus habitantes, confirma a clara aposta desde grupo de goberno por reintegrar a natureza no espazo urbano, propiciando a convivencia da vida dos peóns co tránsito de vehículos".
A segunda parte do proxecto de remodelación desta vía abarca desde o cruce da avenida de Castela coa avenida de Sousas ata a N-525 á altura da rúa Fonte do Sapo. Esta intervención inclúe o ensanche das beirarrúas e a creación dun bulevar aos dous lados da avenida de Castela, remodelación dos espazos situados entre os carrís da N-525 e os edificios, xerando zonas para os veciños, supresión dos aparcadoiros en batería substituíndoos por zonas en liña e construcción dunha glorieta altura da rúa Fonte do Sapo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LUCHA CONTRA INCENDIOS
La base de Verín-Oímbra cuenta con nuevo avión
CULTURA PARA A IGUALDADE
Monicreques e cabaret infantil na comarca de Monterrei
PRODUTOS GALEGOS
Aposta firme por viños de calidade
ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
Lo último
Lalo Pavón
O AFIADOR
Xa non nos queda Portugal
José Luis Fernández Carnicero
MI PLAN PERFECTO
Lembranzas en Catalunya