ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
O Instituto García Barbón vén de pedir responsabilidade e precaución aos veciños e veciñas de Verín nestas datas entroideiras, baixo o lema "O Entroido de Verín, o mellor Entroido do mundo".
Ante a situación causada pola pandemia, dende o IES García Barbón de Verín fan un chamamento á poboación para celebrar, desde a casa, un Entroido seguro. Os alumnos e alumnas deste centro educativo xuntaron as súas voces para pedir a colaboración cidadá.
Dende o centro animan a todos aqueles habitantes da vila do Támega a sacar as chocas cada tarde durante esta semana ás 20:00 horas polas ventás e balcóns para homenaxear esta celebración tan arraigada a esta terra.
A través dun vídeo, os estudantes do García Barbón queren chegar á poboación para "facer as cousas ben". Neste vídeo, composto por imaxes doutros entroidos reivindican a conciencia social e a responsabilidade e aseguran que "temos que estar á altura do mellor Entroido do mundo".
Os participantes do vídeo -que suman voces para facer forza neste chamamento- piden que o Entroido transcorra de xeito exemplar. "Caeríanos a cara de vergoña se despois da semana de Entroido houbese unha repunta de casos de coronavirus", remarcan os alumnos na peza audiovisual que levaron a cabo para chegar ao maior número posible de persoas da comarca de Monterrei.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
PATRIMONIO Y NATURALEZA
Pinchos, vino y deporte, las claves de la Revolta Irmandiña de Verín y Monterrei
EVENTO PARA PROFESIONALES
San Sebastián, un nuevo escaparate para mostrar los vinos de la D.O. Monterrei
Lo último