ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
CEIP ROFOLDO NÚÑEZ RODRÍGUEZ
O Concello de Vilardevós conmemorará o vindeiro sábado, 31 de agosto, medio século dende que entrara en funcionamento o Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Plurilingüe Rodolfo Núñez Rodríguez, dedicado a este veciño ilustre que donou a finca onde se sitúa o centro educativo.
Con fin de celebrar esta efeméride, as portas do recinto escolar abrirán ás 12,00 horas e albergarán unha feira de produtos locais do concello. Ademais haberá inchables e xogos para a cativada grazas á ludoteca móbil da Deputación de Ourense.
As pandeireteiras da asociación Entre Nós e da escola de música de Vilardevós porán a amenización musical. A entrada tanto para a feira como ás actividades para os máis pequenos é de balde.
Posteriormente celebrarase un xantar popular ás 14,00 horas. Os tickets están á venda ata mañá ás 14,00 horas nos bares e na casa consistorial de Vilardevós.
Pero a mañá arrancará con outro momento importante, antes do inicio da conmemoración do 50º aniversario do CEIP. Ás 11,30 horas, na Casa Agraria, terá lugar a inauguración da rúa Rodolfo e Patricia Núñez de las Cuevas, nome que substituirá á actual Estrada de Riós.
No acto, que contará coa presenza dos representantes institucionais do Concello, revelarase a placa coa nova nomenclatura da rúa, coa presenza de familiares dos homenaxeados.
O Concello honrará así a memoria do xeógrafo natural de Vilardevós, finado o pasado 14 de maio, e máis da súa esposa. Núñez de las Cuevas, considerado o pai da xeografía española moderna, foi ademais fillo de Rodolfo Núñez Rodríguez. Ademais de enxeñeiro xeéografo, tamén foi militar. Como director xeral do Instituto Geógrafico Nacional (IGN), modernizou a institución.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
PATRIMONIO Y NATURALEZA
Pinchos, vino y deporte, las claves de la Revolta Irmandiña de Verín y Monterrei
EVENTO PARA PROFESIONALES
San Sebastián, un nuevo escaparate para mostrar los vinos de la D.O. Monterrei
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
CASA DE BAÑOS
La okupación en Ourense que el Concello no ve
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA
Ourense cubre sus seis plazas vacantes en la repesca MIR