ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
Convenio
O Concello de Vilardevós levará a cabo dúas actuacións urbanísticas que permitirán mellorar os equipamentos públicos a disposición da veciñanza, así como contribuír á humanización do núcleo urbano.
Estas obras serán posibles grazas á colaboración económica da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Manuel Cardoso, alcalde de Vilardevós, e Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, asinaron dous convenios de colaboración, que suporán un investimento total de case 230.000 euros, cofinanciados nun 70% polo departamento autonómico e nun 30% polo Concello.
En concreto, unha das actuacións a executar permitirá acometer unha completa rehabilitación das piscinas municipais de Vilardevós, actualizando e mellorando as actuais dotacións e servizos cos que conta. A execución das obras suporá un investimento de 126.500 euros, dos cales, a Xuna achega 88.500 e o Concello 38.000 euros, repartidos nas anualidades 2021 e 2022.
No que atinxe á segunda actuación comprometida, trátase dunhas obras que teñen como obxecto acometer a urbanización do entorno das "vivendas dos mestres", de titularidade municipal. Con esta obra, o Concello poderá dispor de 6 vivendas sociais.
O orzamento comprometido neste caso ascende a algo máis de 103.000 euros co seguinte reparto: 72.000 por parte do Executivo autonómico e 31.000 pola do Goberno local.
Os convenios de colaboración asinados entre Vilardevós e Xunta de Galicia enmárcanse dentro do Plan Hurbe, un programa impulsado no ano 2010 para apoiar ás entidades locais na execución de proxectos urbanísticos destinados a crear ou mellorar equipamentos municipais e humanizar e urbanizar espazos e infraestruturas de uso público.
Dende a súa posta en marcha, o Goberno galego leva colaborado xa no financiamento de máis de 300 actuacións urbanísticas e cun investimento global de case 150 millóns de euros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
PATRIMONIO Y NATURALEZA
Pinchos, vino y deporte, las claves de la Revolta Irmandiña de Verín y Monterrei
EVENTO PARA PROFESIONALES
San Sebastián, un nuevo escaparate para mostrar los vinos de la D.O. Monterrei
Lo último
BAJADA DE LOS CARBURANTES
La desescalada en Oriente Medio abarata el diésel y lo iguala ya a la gasolina en Galicia
VIDA OURENSANA
A adaptación do medio como factor da lonxevidade galega
IMPACTA UN DRON CON UNA MOTOCICLETA
Al menos cinco muertos en nuevos ataques israelíes en el sur del Líbano pese a la tregua