INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
MONTERREI
A Xunta, dende a Consellería de Infraestruturas, respondeu onte públicamente ao Concello de Verín e a súa petición de urbanizar unha parte do polígono de Tamagos con fondos municipais. O departamento autonómico indicou que a súa prioridade non é outra que potenciar o polígono de Pazos, un espazo no que aínda se dispoñen de 35.000 metros cuadrados sen ocupar, antes de apostar, como así lle indicara nunha concreta proposta o grupo de goberno local, polo parque industrial de Tamagos. O Concello argumenta a súa posición ao entender que o parque empresarial de Pazos conta "con conexións deficitarias tanto á Nacional 525 como a autovía A-52".
Coma resposta, dende o Executivo galego sinalan que "no caso de que, tal e como ten formulado, o Concello quera desenvolver, con financiamento municipal, unha actuación no parque empresarial de Tamagos, deberá acreditar que existe demanda empresarial para asentarse nese polígono, así como a viabilidade económica da proposta". Un argumentario co que traslucen que a Xunta non observa coma prioritaria a actuación en Tamagos, ao ofertar no parque empresarial de Pazos, onde dispón de máis de 35.000 metros cadrados con prezos bonificados no 50 por cento e a posibilidade de adxudicación en dereito de superficie. Algo que permite que as empresas interesadas dispoñan de solo na localidade a partir de 33 euros por metro cadrado en compravenda e por menos
Fórmulas alternativas
A adxudicación en dereito de superficie, similar a un alugueiro con prezo reducido e opción de compra, realízase por un período de 30 anos prorrogable ata un máximo de outros 30 anos, cun canon anual equivalente ao 1,5% do prezo da parcela os dous primeiros anos, 2,5% os dous seguintes e 3,5% a partir do quinto. O primeiro ano pódese solicitar de carencia, de maneira que o prezo correspondente ao mesmo prorratearase nos cinco anos seguintes.
Malia todas as opciones de ocupación, as comunicacións do polígono de Pazos seguen a ser o seu verdadeiro talón de Aquiles, entenden dende fontes municipais.
Seoane di que "e un erro non aproveitar o enclave"
O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, non entende que non se aposte por un enclave privilexiado e "cunhas comunicacións formidables para un obxecto, que era o que nos procurabamos, de ubicar alí un centro loxístico e de distribución".
Lembra Seoane Fidalgo que "o sector no transporte é o de maior facturación da comarca, por enriba incluso da industria da auga ou a do viño, e precisan dun espazo destacado para sacar os vehículos da vila as fins de semana". Ademáis, "aproveitaríase esa sinerxia para atraer a outras compañías especializadas na loxística e a distribución, considerando que o enclave de Tamagos, como así o viu o Goberno bipartito da Xunta no seu día, é o idóneo para o establecemento tanto deste centro loxístico como o de calquera outra empresa".
O Concello de Verín prantexoulle á Xunta que contemplase a cesión dalgúns dos terreos dos que dispón nese parque industrial a cambio de seren urbanizados polo consitorio, compensando ao Goberno autonómico coa superficie equivalente pero xa urbanizada.
De non aceptar ese convenio, o Concello de Verín, como vía alternativa, agardaba que en San Caetano contemplasen a posibilidade dun alugueiro de parte deses terreos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
RECORRIDO POR BODEGAS
Expertos vitivinícolas europeos descubren el territorio de la D.O. Monterrei
VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
EVENTO VITIVINÍCOLA
La D.O. Monterrei muestra sus vinos y teje sinergias en Tenerife
Lo último
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
COLOR DEL AÑO
Cloud Dancer: minimalismo, calma y moda en un solo color
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”