ACCIONES CONJUNTAS
CEO y Aever unen fuerzas en favor de la comarca de Monterrei
CINCO CONCELLOS
Os concellos de Cualedro, Laza, Maceda, Monterrei e Oímbra, afectados todos eles pola vaga de incendios forestais de agosto, xa recibiron preto de 5.000 quilos de palla e máis de 300 quilos de cereais repartidos pola Xunta, dirixidos a alimentación da fauna silvestre tralos lumes.
O obxectivo fundamental é garantir unha fonte alimenticia de cara ao outono para as poboacións de herbívoros (principalmente grandes ungulados) e aves, se ben existen outras especies como as lebres que tamén as aproveitan. Esta distribución de alimento vense realizando naquelas áreas nas que os animais puideron resgardarse ao conservar vexetación.
A previsión inicial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático é distribuír un total de 31.000 quilogramos de palla e 3.000 quilogramos de cereais, pero a intención é ampliar esas cantidades naqueles puntos onde sexa necesario reforzar os aportes alimentarios.
Dado que moitas das illas de vexetación son de difícil acceso por terra, parte do reparto de alimento farase con medios aéreos. Deste modo, está previsto que a vindeira semana comece o transporte en helicóptero e a súa distribución dende o aire (de xeito similar ás operacións de “helimulching” dirixidas á consolidación de solos).
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIONES CONJUNTAS
CEO y Aever unen fuerzas en favor de la comarca de Monterrei
RELEVO ASEGURADOA
O futuro da comarca de Monterrei desfila o seu enxeño
MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
Lo último
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada, De Irán a la calle Progreso
DOS DÍAS DE BOXEO EN EL RING
Puños de hierro en San Cibrao con la Copa Diputación de Laza en boxeo