A mocidade de Cualedro e Monterrei colabora no futuro dos seus montes
RECUPERACIÓN DO TERRITORIO
42 escolares de Cualedro e de Monterrei uniron este luns as súas forzas para evitas as escorrentías de cinsa e colocar bebedeiros e comedeiros para a fauna afectada polos lumes, tomando conciencia do medio rural no que viven
Hai apenas un mes, a comarca enteira ardía mentres o alumnado desfrutaba das súas merecidas vacacións de verán. Trala volta ao colexio, tanto pais e nais como o seu profesorado traballan arreo para que a cativada comprenda o cambio que sufriu de súpeto a paisaxe que os rodea.
Alén de concienciar, é vital implicar á rapazada na recuperación do territorio queimado pola vaga de lumes, facéndoos partícipes dos esforzos actuais dentro dun longo camiño ata que reverdeza o rural que eles mesmos herdarán nun futuro.
Con ese fin, alumnado de 3 a 12 anos de Cualedro e Medeiros participou este luns nunha actividade de recuperación e prevención organizada polo CDR Portas Abertas e a comunidade de montes de Cualedro, coa colaboración do Concello, no marco dos proxectos “Voluntariado ambiental” e “Implícante na túa comunidade” da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
O momento máis salientable tivo lugar no monte ardido ao carón do estadio de fútbol e dos depósitos de auga cualedreses. Alí os escolares espallaron polo terreo calcinado varias pacas de herba seca, de modo que a chuvia non provoque escorrentías que depositen a cinsa nos ríos e regatos que subministran de auga a veciños e animais.
Coa axuda de profesores, representantes e axentes ambientais, os 42 estudantes tinguiron a ladeira da cor dourada da palla, e crearon con botellas de plástico reutilizadas bebedeiros e comedeiros que axuden á fauna da contorna.
Charla previa
Previamente, os cativos recibiran unha charla no CEIP Vicente Risco de Cualedro, á que asistiron docentes, o director territorial de Medio Rural, José Antonio Armada, o alcalde, Luciano Rivero, deputados autonómicos e persoal da Xunta.
Laura Garrido, de Portas Abertas, preguntou aos pequenos sobre os efectos e as razóns detrás dos lumes, e estes amosaron ter a lección aprendida: “A calor e a xente”. A continuación, o bombeiro forestal da BRIF Laza, Carlos Palomanes, falou sobre o seu labor e amosou o seu equipo técnico, como un batelumes que todos recoñeceron.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA GASTRONÓMICA DA CACHENA
Cualedro apuesta por la calidad de la cachena
SIN CARNET, ITV NI SEGURO
Detienen a la conductora que se dio a la fuga tras arrastrar un agente en Verín
Lo último
MEDIDAS ANTICORRUPCIÓN
Sánchez asegura ante el Comité Federal que el PSOE no se ha financiado ilegalmente
"RESPUESTA CONTUNDENTE"
Irán ataca posiciones de EEUU en respuesta a su ofensiva en el estrecho de Ormuz
La Región
CLAVE GALICIA
Quedar